Silleda invertirá no arranxo dos núcleos de mais de 185.000 euros procedentes dunha subvención da Xunta
O Concello de Silleda comezará a acometer unha serie de melloras nas rúa Antón Alonso Ríos e na rúa Pontevedra grazas a subvención acadada pola Consellería de Economía e Industria.
Recentemente, a Consellería de Economía e Industria, comunicoulleao concello de silleda a aprobacióndunha subvención, dun totalde 185.281,92 euros, para a adecuacióne modernización de equipamentosmunicipais, a dispor endúas partidas concretas.
Arranxo de rúas silledenses
A primeira dotación comprende 50.281,92 euros para esta ano 2010. Este importe destinarase ao arranxoviario de dúas rúas silledenses, a adecuación destas rúas será unhadas prioridades que se levara a cabo en vindeiras datas. En concreto trátase da rúa Antón Alonso Ríos atao seu entronque coa rúa Cartaxena, o que permitiría ampliar os traballoslevados a cabo recentementena rúa Outeiro. As actuacións comprenderáno aglomerado do vial, opintado da sinalización horizontale a colocación de diverso mobiliariourbano. Estas mesmas melloras tamén se efectuarán na rúa Pontevedra (xunto á Escola de Música), reservando a partida de 135.000euros para actuacións no vindeiroano 2011. Pola súa banda. as actuaciónque se levarán na localidadede Bandeira, estarán destinadas oarranxo da rúa Camilo José Cela(xunto ao bar Arume).
O Concello porá o 25% do total
Hai que ter en conta que esta dotación económica, só comprende o75% do custo total das actuacións,polo que o goberno local será o encargadode cubrir o 25% do importerestante. Dende o executivo, a rexedora Ofelia Rey, valora positivamente a aportación económica concedidapolo goberno autonómico,incidindo que se trata dunha melloraprecisa que permitirá ao Concellode Silleda adquirir unha imaxerenovada, urbana e moderna nosdous núcleos do municipio, respectando os espazos naturais dispostose incrementando o equipamento municipal á par que se adecúa o firmede diversas rúas centricas de osdous cascos urbanos.

