Lalín

O 27 de febreiro ten lugar a XLIII edición da Feira do Cocido de Lalín


Marzo 2011


A pregoeira é a xornalista e presentadora de “La Mañana de la 1” de TVE Mariló Montero

O comezo dos actos terá lugar ás 10:45 horas na Nova Casa Consistorial (Urbanización o Regueiriño), coa recepción da pregoeira, Mariló Montero (xornalista e presentadora de “La Mañana de la 1” de TVE), e autoridades, de seguido, celebraráse o Capítulo Xeral da Encomenda do Cocido.
Ás 12 da mañá abriráse a feira para, ás 12:30 horas, ter lugar o pregón da XLIII Feira do Cocido, a cargo de Mariló Montero, no Palco Presidencial sito na rúa Principal.

Desfile de carrozas, charangas e comparsas
A partires das 13 horas, terá comezo o espectáculo nas rúas lalinenses co desfile de múltiples formacións musicais, charangas, comparsas e carrozas.
Dentro da parte musical do evento, estarán a Banda de Música de Lalín, A Banda de Gaitas “Os Dezas” de Moneixas – Lalín, as numerosas comparsas: “Moita Marcha” de Marín, “Os Sin Xeito” de Foz, “Os Da Caña” de Marín, “Os Canecos” de Poio, “As Marchosas” de Arcade, “Os Farillóns” de San Ciprián, e “Os Remolñons” de Vilagarcía de Arousa; e varias charangas: “Os De San Xulián” de Marín, “O Mellor de Cada Casa” de Burela, “Pataqueira” de Burela, “Os Sulfamidas” de Campolameiro, “Os Paparikas” de Poio, e “Cor Café” de Marín.
Na sección de carrozas, atopamos varias formacións: Asociación “A Carqueixa”, de A Veiga; Asociación de Veciños de Sello; Cabaleiros de Lalín; Cooperativa de Botos; Asociación Santa Mariña de Pescoso, de Rodeiro; Grupo de Baile “A Carballeira”, de Cercio; Asociación “A Balouta”, de Muimenta; Cabaleiros de Deza; Asociación de Rodeiro; “Disco 70 Carroza”, de castro Riberas de Lea; e a carroza “El hechizo de Babilonia”, de Sameira, Poio.


Deixe un comentario

Diseño Web Lucanus Creación Visual © 2010