A Banda de Muimenta inaugurou no salón Tuno Valdés do auditorio os concertos de primavera
Ao longo dos fins de semana de abril e maio pasarán polo Auditorio a Nova Banda de Vilatuxe, Banda de Música de Vilagarcía de Arousa, Banda Xuvenil de Lalín e Banda de Música de Lalín
A Banda Popular de Muimenta inaugurou o sábado, 9 de abril, os Concertos de Primavera, organizados polo Concello de Lalín en colaboración co Padroado Cultural. Ao longo das fins de semana do mes de abril e o de maio, pasarán pola Sala Tuno Valdés, do Auditorio Municipal, as seguintes formacións musicais. Nova Banda de Vilatuxe, Banda de Música de Vilagarcía de Arousa, Banda Xuvenil de Lalín e Banda de Música de Lalín. A primeira actuación dos Concertos de Primavera correreu a cargo da Banda Popular de Muimenta, baixo a dirección de Alberto Iglesias Paz.
Distintas Bandas
O segundo concerto terá lugar o sábado 23 de abril, ás 20.30 horas. Estará protagonizado pola Nova Banda de Vilatuxe, dirixida por Víctor Manuel Vilariño Salgado. As actuacións correspondentes ao mes de abril rematarán o día 30 coa actuación da Banda de Música de Vilagarcía de Arousa, que ofrecerá un concerto a partir das 20.30 horas baixo a dirección de Jesús Nogueira Franco.
O programa Concertos de Primavera continuarán durante o mes de maio, coas actuacións da Banda Xuvenil de Lalín, o sábado 7, a partir das 20.30 horas, dirixida por José Luís Taboada Areán, e da Banda de Música de Lalín, o sábado 14, ás 20.30 horas e tendo como director convidado a Marcen van Bree.

