Comarcas, Silleda

Popular presentación do PP silledense con máis dun milleiro de persoas no público


Abril 2011


O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda; o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán; o Director Xeral de Agader, Antonio Crespo; e o conxunto de alcaldes populares da comarca acudiron ata o Auditorio da Semana Verde para mostrar o seu apoio a unha candidatura silledense arroupada por centenares de persoas que abarrotaron un recinto cuxo aforo habitual se viu máis que desbordado.

Na primeira comparecencia pública do candidato popular, José Carlos Pin, amosou un liderazgo e entusiasmo que desde hai anos o PP silledense non transmitía aos veciños. Forza, humildade, garantía, honestidade, sensatez, austeridade, confianza, honradez, foron as palabras máis repetidas polo candidato popular á alcaldía, e que entre aplausos do público, fixeron sentir novas e positivas sensacións cara un 22 de maio que parece unha data decisiva para o futuro silledense. No seu discurso de presentación Pin destacou o potencial que ten o Concello de Silleda, tanto no agropecuario como no turístico, forestal, comercial e empresarial. Neste senso dixo que, “loitarei para estabilizar e recuperar a economía local, onde todos os sectores, sen diferenzas, estarán sempre presentes e apoiareinos e defendereinos”. Tamén destacou que traballará por e para cada veciño, sexa de onde sexa, sen diferenciacións ideolóxicas ou doutra índole, o seu goberno será de esforzo e traballo á disposición de todos os silledenses.

Carácter cautivador e afable
Nas poucas aparicións públicas nas que se viu ata agora ao candidato popular á alcaldía silledense, xa deixou entrever formas de como cautivar a atención do respetable, demostrouno na súa primeira aparición durante a presentación do certame feiral Turexpo, onde estivo acompañando ao vicepresidente do goberno, Alfonso Rueda, á Alcaldesa de Silleda, Ofelia Rey e á directora da Fundación Semana Verde de Galicia, Paloma Hidalgo. Tamén na recente festa da carne ao caldeiro da parroquia silledense de Piñeiro, onde estivo acompañado do Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e de preto de 1000 persoas que participaron na popular festa gastronómica e que lle agradeceron a súa presenza e o felicitaron por ser o candidato do PP de Silleda.

A forte renovación sufrida polo PP local na que aseguran que a responsabilidade e as ansias de traballar con honestidade e humildade marcarán o eixe da súa campaña electoral. Con esta confianza e a seguridade que reportan os apoios provinciais e autonómicos, augurando as dificultades e pésima xestión que suporía un goberno de esquerdas, xunto cunha lista que recolle os apoios das parroquias foron os argumentos que esgrimiu o popular Pin durante o seu discurso, no que intercalou metáforas literarias sobre a liña que seguirá o seu traballo. Coa promesa de mellorar un Concello rico en espírito e valía, o líder da candidatura popular tratará de achegarse ao pobo para velar polas preocupacións dos silledenses, quenes de ofrecerlle o seu apoio permitirán que este farmacéutico acade a Alcaldía de Silleda o vindeiro 22 de maio.

Coñecer de preto a política por influencia paterna e unha formación profesional e mesmo persoal intachable son o gran aval que os populares silledenses transmitiron nesta primeira sesión cara os vindeiros comicios locais. E para conseguir o obxectivo último, a alcaldía, Pin estará arroupado por unha lista composta por “homes e mulleres que representan a realidade do Concello”, persoas traballadoras que cubrirán os 23 postos do listado da candidatura.da candidatura.


Deixe un comentario

Diseño Web Lucanus Creación Visual © 2010