Cruces celebra a XVIII Festa do Galo co recoñecemento de Interese Turístico
A festa do Galo de Curral cumple este ano a maioría de idade, e xa leva pasadas unhas poucas aventuras, todas elas con proxección e recorrido suficiente coma para que se avanzara no recoñecemento desta festa de exaltación gastronómica dun producto autóctono que naceu nos curros das casas, e que, dende tempos inmemoriais, xa era manxar exquisito e valorado para as celebracións máis salientables do ámbito familiar ou das amistades. O galo de curral, que xa ía perdendo fuelle, apagado polas modernidades gastronómicas, recuperou en Vila de Cruces a súa exemonía coa celebración dunha festa na súa honra, que nesta edición loce a declaración de Interés Turístico Galego, e de seguro que non parara eiquí. O vindeiro día 29 de maio, o galo será outra volta o protagonista absoluto da festa dos miles de romeiros gastronómicos que se acheguen a Vila de Cruces.


